Alcoa é parte central dos discursos da campaña política na provincia

A presidenta do Partido Popular da provincia de Lugo, Elena Candia, apelou ao voto útil no mitin central do partido en Lugo que contou tamén coas intervencións do presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, e o cabeza de lista do PP ao Congreso pola provincia, Jaime De Olano. Candia convidou a aquelas persoas que se puideran sentir molestas co Partido Popular a non dividir o voto entre as opcións de centro dereita porque, precisamente, esa división contribúe a que o PSOE permaneza na Moncloa. “A única garantía para botar a Sánchez do Goberno é votar ao Partido Popular”, asegurou. Olano afirmou que o Goberno de Sánches débelle a Galicia medidas para abaratar o prezo da enerxía que permitan garantizar o futuro de Alcoa, alternativas para a central térmica das Pontes en beneficio das comarcas da Mariña e da Terra Chá.

A este respecto, o popular asegurou que a campaña del PSOE baséase en tentar dividir o voto de centroderecha e insistiu en que “restar votos ao PP, co voto a Vox ou a Ciudadanos, acerca máis a Sánchez á Moncloa”. 

Así mesmo, a máxima responsable do PP lucense quixo apelar ao voto responsable dos socialistas constitucionalistas e dirixirse aos lucenses que nas últimas eleccións votaron ao PSOE para explicarlles que “os socialistas non son garantía de ningún dereito social”. De feito, recordou que “só en materia de dependencia, o Goberno de Pedro Sánchez débelle aos nosos maiores dependentes -non ao goberno do Partido Popular- arredor de 200 millóns ao ano”. Polo tanto, para Candia, o PSOE “non é socialista” e “tampouco obreiro”. Así o demostra o feito de que “nestes momentos persoas da nosa provincia que traballan para Ence, Alcoa ou As Pontes se estean a manifestar en defensa dos seus postos de traballo”. Tamén recordou Candia a subida das pensións que foi posible grazas ao anterior Goberno de Mariano Rajoy, “non grazas a Sánchez”, matizou.

En contraposición, e ante os incumprimentos do Goberno do PSOE que incluso se comprometera durante a visita da conselleira de Industria a recibir ao comité de Alcoa San Cibrao para explicarlles os avances no estatuto para as industrias eletrointenstivas, a máxima dirixente do PP da provincia destacou a iniciativa do goberno galego que preside Feijóo. Dende o goberno da Xunta trasladaron aos partidos do ámbito nacional, entre os que se atopa o PSOE de Pedro Sánchez, medidas en coordinación co comité de empresa e os traballadores da planta de San Cibrao para abaratar o prezo da enerxía e contribuír  a facer rendible a factoría mariñá co fin último de “garantir a permanencia de Alcoa na comarca e, polo tanto, o emprego do que dependen miles de familias”.

 

Etiquetas