Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Esta madrugada queda restablecido o servizo de recolida de lixo en Burela

Por 5 Novembro, 2019Sin comentarios

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Burela advirte sobre que esta madrugada, a do martes para o mércores, poderase recoler o lixo con normalidade tras o parón das últimas horas.

O Concello advertiu a pasada madrugada sobre que non haberá recollida do lixo en Burela, xa que hoxe a planta de recollida de residuos estará pechada con motivo da celebración do día da súa patroa.

A concelleira Noelia Mª Ben pedíulle á veciñanza, que na medida do posible, nas últimas horas non baixasen as bolsas do lixo co obxectivo de evitar que os contedores estiveran cheos e que algúns restos puideran quedar na rúa durante 24 horas. O servizo restablecerase na madrugada deste martes ao mércores.