Laura Freixas presenta o seu novo libro en Ribadeo

O Observatorio da Mariña pola Igualdade continúa coa programación de outono cunha conferencia de Laura Freixas para falarnos do seu libro A mí no me iba a pasar. A cita terá lugar o xoves, 7 de outubro, no hotel O Cabazo en Ribadeo a partir das 20.00 horas 

Laura Freixas é unha escritora de novelas e ensaios, así como crítica literaria e articulista en diversos medios. Fundadora en 1987 da colección literaria El espejo de tinta. Destaca tamén como investigadora e promotora da literatura escrita por mulleres, no ano 2009 funda Clásicas e Modernas, asociación dedicada ao apoio das políticas de xénero na cultura e desde o ano 2014 coordina o ciclo de conferencias Ni ellas musas ni ellos genios.

Acaba de presentar o seu libro A mí no me iba a pasar, unha autobiografía con perspectiva de xénero na que repasa unha época da súa vida cun matrimonio que remata por non ser o que imaxinara e onde debe afrontar numerosas dificultades no mundo laboral, tanto como editora como escritora. 

O acto terá lugar o próximo xoves, día 7 de novembro, ás 20.00 no hotel O Cabazo de Ribadeo. O Observatorio convida a todas as persoas interesadas a acudir a esta charla que ofrece unha oportunidade magnífica para reflexionar sobre o patriarcado e capitalismo, a aparencia de igualdade entre as parellas e as propias contradicións persoais. 

Etiquetas