O BNG defende a creación dunha autoridade portuaria propia para A Mariña

As candidatas e candidatos do BNG ao Congreso e ao Senado recorreron as comarcas de Lugo expoñendo a axenda de país que levarán a Madrid a partir do 10 de novembro. A cabeza de lista ao Congreso, Olalla Rodil, incidiu desde o porto de Celeiro, en Viveiro,  na necesidade de  “ter unha representación forte para situar na axenda do Estado os intereses do sector marítimo pesqueiro”.

“Hai catro cuestións prioritarias para nos na provincia de Lugo, a creación dunha autoridade portuaria propia para A Mariña que  dote o porto de San Cibrao de autonomía, a liberalización e apertura ao tráfico comercial do dique norte de Morás, o saneamento integral das rías e a defensa do sector pesqueiro diante, entre cousas, das incertezas que se están a xerar polo Brexit”, enumerou Rodil.

En relación co sector pesqueiro,  o programa eleitoral do BNG de cara aos comicios  a participación directa de Galiza na reforma da Política Pesqueira Común (PPC) e a súa consideración como zona altamente dependente da pesca. Tamén a  negociación do reparto equitativo de cotas de pesca para a frota galega, que parta da capacidade extractiva do sector, e a esixencia de que a pesca artesanal fique exenta de TAC´s e cotas.

ALCOA. A candidata nacionalista ao Congreso visitou o porto de Celeiro tras participar na mobilización convocada polo comité de empresa da factoría de San Cibrao en Viveiro para demandar “solucións para Alcoa”.

Rodil, que asistiu a todas as manifestacións convocadas polos traballadores nas últimas semanas,  sumouse a unha ampla delegación de representantes comarcais do BNG e á deputada do grupo provincial nacionalista e vicepresidenta da Deputación Maite Ferreiro que, mais unha vez,  amosaron o seu apoio aos traballadores e demandaron unha  tarifa eléctrica galega que “garanta o emprego en Alcoa”.

 

Etiquetas