Nova concentración de traballadores perante Alcoa

Outras 70 persoas de empresas auxiliares de Alcoa na Mariña volveron concentrarse este mércores perante a factoría sobre a que pesa a ameaza de peche.

A concentración tivo lugar, como vén sendo xa habitual por parte destes traballadores, entre as 7.15 e as 8.15 horas, na estrada de acceso a Alcoa.

A Garda Civil asegura que finou sen incidentes.

Os manifestantes portaban pancartas nas que rezaban consignas coma ‘Pola defensa da industria da Mariña’ ou ‘Pola continuidade de Alcoa’.

 

Etiquetas