O poeta Baixeras celebra o día das librarías en Foz cunha charla

O día 8 de novembro celébrase o Día das Librarías baixo o lema As librerías tócannos’. Para celebralo, na librería  Bahía de Foz, abrirán ata as 22 da noite e farán ademais un desconto durante todo o día do 5% en todos os libros. A xornada festiva rematará cun coloquio ás 20.30 horas co escritor Xabier Rodríguez Baixeras que falará sobre a novela de Tina Vallés, traducida por él e editada por Kalandraka, A memoria da árbore.

Con esta celebración a libraría focense pretende destacar o papel das librerías como espazos de encontro, de dinamización cultural e de descuberta do inmenso mundo que é o mundo dos libros.

Etiquetas