Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

As pinturas murais de Burela contan con alumeado nocturno

Por 7 Novembro, 2019Sin comentarios

Entrou en funcionamento o alumeado ornamental do muro do porto de Burela onde se atopan as pinturas de Amarte. Está composto por 66 luminarias LED e desde o equipo de goberno consideran que “será un atractivo turístico máis a visitar na vila”.

O concelleiro de Cultura, José Díaz, explicou que “o alumeado estará programado para que se acenda ao anoitecer e estará en funcionamento mentras haxa movemento pola zona portuaria”.

Dende que se habilitou un vial de acceso directo ao porto burelés para desconxestionar a rúa principal de entrada á localidade, fraguou a idea de decorar o muro de pedra que quedou con pinturas murais e grafitis ata crear mesmo un certame internacional de este tipo de pintura cada verán, que este ano chegou á súa terceira edición.

Moitas das obras representadas son un reflexo da historia, da actividade e das xentes de Burela e supoñen unha carta de presentación de gran beleza á entrada á vila, por iso o Concello cre que ademais, coa recente instalación da iluminación coa que tamén se verán pola noite, supoñen outro recurso de atración turística. Non en balde, entre os artistas figuran creadores de renome como Otero Regal ou Hipólito Xeada.