Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Burela avanza no trámite para remodelar a rúa Lamestra

Por 7 Novembro, 2019Sin comentarios

O alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Obras, Ramiro Fernández Rey, asinaron a acta de inicio da obra que se vai acometer na rúa Lamestra e nun vieiro perpendicular a partires do vindeiro 13 de novembro. O investimento superará os 38.000 euros e o prazo de execución será dun mes. As obras, que Ramiro Fernández considera moi necesarias, consistirán na reparación do pavimento e na mellora da rede de saneamento.

O edil de Obras contou que “o alcalde máis eu estivemos visitando unha obra e firmando a acta de inicio, que entendemos que é moi importante e necesaria para os veciños e veciñas sobre todo das Casas Baratas”.

Ramiro Fernández Rey explicou que “a obra consiste na reparación do firme máis na mellora do saneamento na rúa Lamestra, e na perpendicular, onde está moi deteriorado o asfalto. Farase o asfaltado das rúas e a instalación dunha rede de saneamento. Instalarase unha nova rede para augas pluviais e tamén imos conectar esa nova rede á que xa existe na rúa Lamestra”.

O concelleiro de Obras engadiu que “o importe desta obra vai ser 38.784 euros, foi adxudicada á empresa Cazás e pensamos que vai mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas desa zona. O asfalto está bastante deteriorado, creo que é unha obra que van agradecer os veciños e que lles vai mellorar a vida”. 

Fernández Rey sinalou que “esta obra encádrase dentro do Plan Único da Deputación do ano 2019. Esperamos que o próximo mércores, día 13, empece xa. O prazo de execución será dun mes”.