Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Alerta por temporal por ondas e ventos no litoral

Por 8 Novembro, 2019Sin comentarios

A Dirección Xeral de Protección Civil e Emerxencias do Ministerio do Interior, dacordo coas predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía, alerta por un forte temporal marítimo nas costas do norte peninsular. Agárdase unha forte oleaxe en lugares como A Mariña, onde as ondas poderían acadar os sete metros de altura.

Tamén se prevén navaradas nas zonas altas da metade norte, así como choivas de certa intensidade e que os ventos en terra arrecien este venres.

Recomendan alonxarse das praias e de lugares baixos costeiros afectados polas elevadas mareas que adoitan xerar os ventos, así como estacionar os vehículos lonxe tamén destes lugares. 

Ante o vento, convén asegurar portas e ventás, obxectos que podan caer  á vía e extremar a precaución conducindo.