Skip to main content
ActualidadeO VicedoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Hipócrita Teatro actúa este sábado no Vicedo

Por 8 Novembro, 2019Novembro 9th, 2019Sin comentarios

Este sábado 9 de novembro ás 20 horas, na Casa da Cultura do Vicedo, actuará un grupo de ampla experiencia. Trátase de Hipócrita Teatro, de Lugo, que representará a obra Hotel Desencanto, dentro da programación correspondente ao Proxecto Buxiganga.

A obra está destinada principalmente a público xuvenil e adulto e a entrada é gratuita.

A sinopse da obra é a seguinte: o Hotel Desencanto non é o mellor lugar para vivir situacións idílicas. Sen embargo, os seus hóspedes semellan ignoralo. Todos, ou case todos, chegan ao hotel co ánimo de gozar dunha estancia agradable. Lograráno?