Skip to main content
ActualidadeAlfozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Os Fandangueiros de Alfoz organizan unha cea baile

Por 10 Novembro, 2019Sin comentarios

O pavillón polideportivo de Alfoz acollerá unha cea e un baile o vindeiro 23 de novembro, a partir das 21.30 horas.

O prezo para que os adultes participen desta festa é de 22 euros por persoa. Os cativos ata catro anos poden ir gratis e os menores de 12 aboarán once euros.

O menú estará composto por paella, costela asada, postre, café e licores e estará servido polo cátering Chao da Brea.

Haberá sorteos entre os participantes e o baile estará amenizado por un disc jockey.

Son numerosos os negocios da zona que participan para facer esta cita posible organizada pola comparsa Os Fandangueiros.

O último día para anotarse é o 20 de novembro e poden chamar aos teléfonos 679 566 111 e 627 735 827.