Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Poñen a Alcoa de exemplo pola súa unión na defensa do emprego

Por 10 Novembro, 2019Sin comentarios

A candidata de Galicia en Común por Lugo, Vanessa Somoza, referiuse á situación da industria na provincia E facía a imprescindible a mención a Alcoa en San Cibrao. “O Goberno ten a obriga de protexer aos cidadáns, aos traballadores e traballadoras, por riba dos intereses dunha multinacional que recibiu miles de euros en subvencións e agora decida marchar para deslocalizar a produción e encher os seus petos. Debería haber unha tarifa electrointensiva xusta e adecuada, pero non habería este problema se tiveramos unha empresa pública de enerxía ou mesmo a intervención, como permite a Constitución”. “A loita de Alcoa é un exemplo, unha referencia. Eles marcan o camiño. Unidos na defensa do emprego, da comarca, do futuro”, reflexionou.

A candidata tamén chamou a atención sobre as graves eivas que ten a provincia de Lugo nas comunicacións interiores. “O ferrocarril é indispensable para unirnos, primeiro para coser e vertebrar a nosa provincia e para conectarnos co resto das vilas e cidades de Galicia e do Estado”, manifestou. Desde Galicia en Común-Unidas Podemos, apostan pola posta en valor e a modernización do tren de proximidade e de media distancia, con frecuencias y tarifas axeitadas e xustas, aos tempos e as necesidades das persoas do común.