Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Viveiro acollerá unhas xornadas de arqueoloxía marítima

Por 10 Novembro, 2019Sin comentarios

O Concello de Viveiro e a Federación Española de Actividades Subacuáticas, en colaboración coa federación galega do sector, a Deputación de Lugo e a Uned lucense, organizan as terceiras xornadas de historia e arqueoloxía marítima Cidade de Viveiro que se desenvolverán o 23 e o 24 de novembro.

Para formalizar a inscrición, informarse ou solicitar un certificado de asistencia posterior ou un diploma convén poñerse en contacto cos organizadores na web www.viveiro.es e no mail concellal.facenda@viveiro.es, así como tamén chamando ao 677 551 588. A Uned concederálles aos asistentes 0,5 créditos por asistir ao curso.