Skip to main content
ActualidadeO VicedoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A aula Cemit do Vicedo ofrece cursos durante o inverno

Por 11 Novembro, 2019Sin comentarios

A aula tecnolóxica do Vicedo, aula Cemit, ubicada na Casa da Cultura, ofrece durante o inverno diversos cursos gratuítos para a poboación.

Hai clases de informática de balde, así como outras de iniciación e perfeccionamento do uso de ordenadores.

Toda a formación está dirixida tanto para adultos como para os nenos.

As clases impártense de 16 a 20 horas de luns a venres e os interesados en acudir poden escribir a cemit.ovicedo@xunta.es ou ben chamar ao 982 590 195.