Skip to main content
ActualidadeO ValadouroSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Valadouro organiza unha charla sobre comercio seguro

Por 11 Novembro, 2019Sin comentarios

Para ensinarlles e previr aos veciños sobre as compras que fan por internet, o Concello do Valadouro convida a asistir o mércores, 13 de novembro, a unha charla informativa.

Cada vez son máis os compradores, e máis nos municipios alonxados das cidades e superficies comerciais, que utilizan internet para facer as súas compras pero tamén é certo que aumentan os delictos de fraude relacionados con esta práctica, como o da clonación das tarxetas.

A Casa de Cultura do Valadouro acollerá o día 13, ás 17.30 horas, unha charla sobre comercio electrónico seguro, de entrada gratuíta, organizada por Consumidores.gal, na que colaboran a Xunta e o Concello.

A Unión de Consumidores de Galicia en colaboración co Concello do Valadouro, impartirá ás este taller sobre comercio electrónico na Aula de Informática da Casa da Cultura do Concello.

 A actividade que será impartida por persoal técnico da Unión de Consumidores de Galicia, está dirixida a veciñas e veciños do concello que desexen introducirse no mundo das compras por Internet con seguridade e o acceso é completamente libre.

 Os talleres formativos sobre comercio electrónico teñen por obxectivo contribuír á redución da fenda dixital entre os consumidores e consumidoras con menor experiencia no proceso de contratación por Internet así como a dar consellos que permitan que os procesos de compra sexan seguros.

 A actividade estruturase en catro bloquesque se centraran no proceso anterior á contratación e as medidas de seguridade a ter en consideración (1), o proceso de compra, facendo fincapé na figura do vendedor e na prevención de calotes (2), os aspectos posteriores á compra, como son as garantías e o dereito de desistimento (3) e un último bloque que se centrará nos procedementos de reclamación e nos mecanismos de resolución extraxudicial de conflitos.

 Esta actividade forma parte dun proxecto formativo que a Unión de Consumidores de Galicia desenvolverá por 12 localidades de Galicia e que conta co financiamento da Consellería de Economía, Emprego e Industria a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.