Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Mariña Patrimonio visita Lugo con motivo do Día do Patrimonio

Por 12 Novembro, 2019Sin comentarios

Con motivo do Día Internacional do Patrimonio Mundial, Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro 23 de novembro, sábado, unha saída á cidade de Lugo para coñecer parte do seu patrimonio, concretamente aquel que se atopa fóra da muralla.

Como vén sendo habitual neste tipo de actividades organizadas por Mariña Patrimonio, a visita será guiada e contará con actividades que se desenvolverán ao longo do día. Nesta ocasión pola mañá visitaranse os barrios da Ponte e do Carme e, tras unha pausa para o xantar, coñecerase un interesante e enigmático conxunto arqueolóxico que se atopa no lugar de Adai.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 15 de novembro e todas as persoas que queiran participar nesta actividade poderán obter máis información no blog de Mariña Patrimonio: https://mrpatrimonio.blogspot.com/2019/11/patrimonio-lucense-fora-de-murallas-con.html