Mondoñedo acenderá as luces de Nadal e instalará unha gran árbore diante da Catedral

Á area de cultura do Concello mindoniense está a preparar a programación de Nadal, que incluirá un mercado de Nadal para a Ponte da Constitución.

As luces de Nadal acenderanse o venres, 29, coincidindo coa fin de semana das tapas en Mondoñedo.

Entre as novidades que avanza o edil Alberto García figura a nova árbore que se instalará na Praza da Catedral que terá 10 metros de altura.

Tamén organiza o Concello por estas datas a terceira edición do concurso de adornos de Nadal.

Etiquetas