Skip to main content
A PontenovaActualidadeSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O polígono industrial da Pontenova medrará e a empresa IPV ten encargos

Por 12 Novembro, 2019Sin comentarios

Aparte da actividade extractiva do monte, da que vive en gran medida a localidade da Pontenova, xerando ingresos e empregos, o tecido industrial e empresarial do municipio vai crecendo aínda que timidamente. Dende que o alcalde socialista, Darío Campos, chegara a alcaldía, propúxose solucionar os problemas urbanísticas que aparcaban o desenvolvemento do polígono e así ten sido.

Tras establecer cara onde vai crecer un polígono no que está asentada unha empresa tan importante como Industrial Recense, con mercado exterior, o Concello dispón dalgunha solicitude de implantación. Trátase dun negocio de carpinteiría metálica. Tamén Recense estaba interesada en ampliar as súas instalacións.

O polígono está practicamente legalizado definitivamente a falla dunhas obras que ten que executar Xestur.

A fábrica de carrocetas IPV, que noutro tempo funcionou ben na Pontenova pero que dende hai moitos anos arrastrou problemas ata chegar á entrar en concurso de acreedores, está en novas mans dende hai case dous anos e funciona con algúns encargos, fundamentalmente, segundo teñen entendido no Concello, mediante proxectos de colaboración con empresas como Urbaser. Dá emprego a unha decea de persoas e están acometendo inversións significativa para a remodelación da nave.

Polo que respecto ao negocio que move o monte, operan na Pontenova entre sete e oito empresas de corta de madeira que operan con particulares e con empresas propietarias de bosque que se ocupan de repoboar e despois de vender.