Xa hai data para a vindeira concentración moteira do Valadouro

O moto clube Val D’Ouro quece motores para a vixésimo quinta concentración moteira da localidade valadourense que se vai celebrar os días 8, 9 e 10 de maio de 2020. Será unha data moi especial posto que a asociación celebrará o seu 25 aniversario.

Namentres, os integrantes do clube participan en multitude de citas, como este fin de semana que acudiron á concentración de Arriondas, en Asturias. Tamén informaron aos seus socios sobre a Motocallada de Redondela, así como do motococido de Vigo e da manifestación de motoristas de Santiago.

Obtiveron o terceiro premio ao motoclube máis numerosas que asistiu hai uns días a terceira concenración Chova ou Non Chova de Mondariz. E tamén participaron nas concentracións que houbo con motivo das festa da faba de Lourenzá e do San Froilán de Lugo.

Etiquetas