Skip to main content
ActualidadeMondoñedoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Museo da Imprenta de Mondoñedo recibíu nun só día a 120 persoas

Por 14 Novembro, 2019Sin comentarios

Quen visite Mondoñedo, dispón dende o mes de setembro dun recurso máis, como é o do Centro de Interpretación da Imprenta ou Museo da Imprenta. Alí o visitante pode ver desde a orixe da imprenta manual ata como se implantou a mecánica, pasando polo seu desenrolo en Galicia. Tan só o pasado día 8 de novembro, entraron ao Museo unha 120 persoas, a falta de datos globais.

Un dos máximos coñecedores na zona destes funcionamentos é o impresor Fernando López González, herdeiro de Sucesores Mancebo.

La Xunta invertiu case 330.000 euros entre a rehabilitación da Casa dos Coengos e a musealización do espazo. Entre os tesouros que agocha o espacio figura unha máquina plano cilíndrica de 1870, fabricada en Bélxica e ideada para grandes formatos, así como unha Minera Hispania semiautomática e unha linotipia.

Como lembrou o conselleiro de Cultura durante a inauguración deste centro museístico, “Mondoñedo está vencellado á cultura escrita e, particularmente, á cultura impresa desde moi cedo“. Ademáis de Fernando López, tamén Gráficas Lucenses e Junor donaron material para este centro museístico.

O Concello mantén o museo e ábrese segundo solicitude na oficina de turismo e ensínase cun guía.