Skip to main content
ActualidadeAlfozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Concello de Alfoz reparará este mes o parque infantil de Concepción Arenal

Por 16 Novembro, 2019Sin comentarios

O Concello de Alfoz informa sobre que en novembro vaise proceder ao amaño do parque infantil de Concepción Arenal, ubicado no casco urbán, que xunto ao do colexio, é o máis utilizado polos cativos.

O arranxo farase con cargo a 47.000 euros de fondos aportados a través do Plan Único da Deputación.

As obras consistirán en mudar o chan e repoñer os xogos infantís e faranse en canto o tempo o permita.
O Concello segue, por outra banda, acondicionando varias pistas forestais.
A alcaldía está tamén ultimando o programa de Nadal, coa tradicional cabalgata e o día de Papá Noel, se ben a idea é a de contar co colectivo de moteiros para desfilar polo pobo disfrazados de Santa Claus.