Acia entrega os premios aos gañadores do Campañazo de Foz

Entregados os premios aos gañadores do primeiro Campañazo de novembro do CCA de Foz. Diego Varela Ramallal resultou agraciado con 300 euros en vales de compra para gastar nos comercios participantes. O cartón afortunado foille entregado en Construcciones y Canalizaciones José Saa. Diego Varela seguiu o Campañazo do pasado venres desde Pizzería Xoíña. Outras seis persoas resultaron premiadas nesta cita e repartíronse os outros 300 euros en vales de compra.

No acto de entrega dos premios participaron o presidente de ACIA/CCA de Foz, José Carlos Paleo; José Saa, propietario de Construcciones y Canalizaciones José Saa; e Jesús Pérez, en representación de Pizzería Xoíña.

Hoxe, venres, ás 23:00 horas terá lugar o segundo sorteo do Campañazo de novembro, que organiza o CCA. En xogo estarán outros 600 euros en vales de compra para gastar nos comercios participantes.

Etiquetas