Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Costas anuncia un prazo para pedir instalación de tempada nas praias

Por 18 Novembro, 2019Sin comentarios

O Servizo de Protección de Costas en Lugo, informa aos interesados na explotación de servizos en praias da provincia de Lugo, como expendedores de comida e bebida, patíns, hamacas, sombrillas… que a información que deberá presentarse antes do 20 de decembro. A web do Concello de Foz expón os requisitos.

Hai que cumprimentar a instancia suscrita polo interesado acompañada do DNI ou CIF se se trata de empresas. Ten que constar na petición a zona ocupar de zona de dominio público marítimo terrestre, indicando metros cadrados, presuposto, proxecto e respecto das actividades deportivas de carácter náutico, así como das que conleven lanzamento e varada de embarcacións, os solicitantes deben acreditar a inscrición da federación. Nestes casos só poderán autorizarse en tramos urbáns de praia.

En caso de concurrencia de varias solicitudes para unha  mesma zona, a Administración poderá iniciar un concurso.