O BNG do Valadouro reclama volver ao anterior servizo de recollida de lixo

Desde o BNG no Valadouro siguen demandando a recuperación para o Concello do servizo de recollida de lixo, “para que este importante servizo á veciñanza funcione mellor”. Según afirman os nacionalistas, desde que se conveniou co Concello de Alfoz e se privatizou empezou a presentar deficiencias.

Un dos motivos polos que o BNG no último pleno non apoiou a prórroga do Convenio de colaboración marco para a xestión compartida do servizo de recollida domiciliaria de lixo e punto limpo do Concello de O Valadouro e o Concello de Alfoz, de data 22 de novembro de 2016 no que se delega a encomenda ao Concello de O Valadouro “foi o deficiente servizo que se está ofrecendo e que progresivamente empeorou desde o momento en que se privatizou”.

Tamén afirman os concelleiros nacionalistas que na comisión de seguimento deste convenio o BNG xa advertíu das deficiencias na recollida, “con contedores rebosando e frecuencias a todas luces insuficientes, polo que quen debe dar explicacións aos veciños, un por un, por este mal servizo, é o alcalde, non o BNG” , afirmou Eduardo Chao.

“Para o BNG, o noso compromiso é coas veciñas e veciños, e por eso, recollendo as súas demandas plasmamos no noso programa electoral  a recuperación para  o concello do servizo de recollida para que éste funcione mellor, a recollida selectiva de lixo no rural e de plásticos de silos”, asegurou  Eliseo Teijeiro, quen recordou tamén  que o BNG no Valadouro “simplemente se alía cos intereses das veciñas e dos  veciños”. E recordou tamén incumprimentos do alcalde e o seu equipo de goberno, “coma por exemplo a promesa de que que este verao ía estar funcionando un segundo vaso da piscina municipal, para uso e disfrute de nenas e nenos, sen que a estas alturas se soubera mais nada do tema”.

Os nacionalistas corrixen tamén ao alcalde en relación cos datos que éste verque na prensa ao referirse á cuantía da subvención, cando se refire a 120.000 euros, cando o que vén recollido no convenio levado a pleno é o seguinte: Xestión compartida do servizo de recollida domiciliaria de lixo e punto limpo por un importe total de 72.337,08 euros que contempla gastos de funcionamento por importe de 58.196,22 e conceden subvención polo 50%, isto é, por importe de 29.098,11 euros.

Rematan os nacionalistas decindo que “queremos que queden as cousas claras porque nin os datos que ofreceu o alcalde son certos, nin desde logo temos ningunha pinza co PP, simplemente somos coherentes co que sempre dixemos do servizo de recollida de lixo, e dado que non funciona ben, propoñemos recuperar ese servizo para o concello, máxime sendo o camión de propiedade municipal”

Etiquetas