Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Aberto o prazo para anotarse ao programa Xantar na casa de Foz

Por 18 Novembro, 2019Sin comentarios

O Concello de Foz vén de publicar a aprobación dunha ordenanza municipal reguladora das condicións de acceso ao programa Xantar na casa.

Así, os interesados poden consultar a web municipal o anuncio co proxecto e coas bases e requisitos para o programa, así como o funcionamento do mesmo e completar a solicitude.

O Concello de Foz adheriuse ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar por medio da sinatura dun convenio e manifestou a súa vontade de formar parte da implantación do programa Xantar na casa.

O programa Xantar na casa é un servizo de comida a domicilio que pretende facilitar e garantir unha alimentación equilibrada e de calidade, adaptada ás necesidades das persoas maiores e/ou dependentes, con déficits de autonomía persoal, ademais de cubrir as necesidades básicas relacionadas coa compra ou elaboración de menús.