Skip to main content
ActualidadeAlfozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Os xogadores de Alfoz son os protagonistas dos seus propios cromos

Por 19 Novembro, 2019Sin comentarios

A directiva do CD Alfoz segue traballando durante a tempada para coidar ao equipo e a afección cunha serie de novidades. Entre elas atópase o intercambio de cromos entre os xogadores onde eles son os protagonistas, unha cea e a lotería de Nadal.

A clave do éxito dun equipo parte da cohesión entre os seus membros. No clube teñen a sorte de convivir cun grupo de xogadores cunha calidade humana e implicación inmellorable. Isto fai que a directiva se sinta na obriga de estar ao nivel da xente coa que conta, polo que decidiu elaborar uns cromos nos que os propios xogadores son os protagonistas.

Pouco a pouco irán obtendo sobres con 5 cromos e ao final da tempada, mediante o intercambio cos seus compañeiros, cada un poderá contar con todo o Equipo 2019/2020.

CEA E LOTERÍA. Aproveitando que se achegan as datas de Nadal, a disposición das socias e socios está a lotería, tanto décimo como participación. Tamén ofrece o clube unha cea o sábado 7 de decembro no pavillón de Alfoz con descontos para as asociados. Para a directiva este momento é agridoce. Por unha banda están consternados debido á lesión de Ayoub, ao que lle desexan unha pronta recuperación e que volva a alegrar en cada partido. Por outra, están moi contentos dos resultados que se están acadando na clasificación e bo ambiente que se respira dentro do vestiario local.

O sábado 7 de decembro, ás 22 horas e portas abertas dende ás 21, no pavillón degustarase unha cea de Nadal cun menú con base de empanada de bonito, empanada de liscos, callos, bandexa de postres, café, auga e viño. Os socios pagará 10 euros e os que non sexan, 15. O dúo Kalima vai actuar e a data límite para apuntarse é o 4 de decembro. Pódese chamar ao teléfono 653 938 645.