Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A viveirense Loli Lage gaña o concurso de cata da Feira do Mel de Muras

Por 20 Novembro, 2019Sin comentarios

Tras gañar na prestixiosa Feira de Goente o pasado mes de outubro, a viveirense Loli Lage continúa acaparando galardóns que premian a calidade da marca Mel O Castelo. A pasada fin de semana foi na Feira de Muras, onde acadou o primeiro posto do concurso de cata cun néctar monofloral de breixo.

Deste tipo de mel escuro vénse facendo unha gran promoción na Feira do Mel de Montaña que se celebra dende hai cinco anos no Viveiró para dar a coñecer o excepcional produto das 25 explotacións apícolas do municipio de Muras. Este evento organízao o Concello en estreita colaboración coa Casa do Mel das Pontes, dende onde se apoia tecnicamente a apicultura axudando a desenvolver as explotacións e fomentando a divulgación do mundo das abellas entre a poboación en xeral.