Ourol súmase a campaña En Negro Contra As Violencias

O Concello de Ourol únese a campaña En Negro Contra As Violencias co obxectivo de desenvolver accións para a sensibilización e prevención da violencia de xénero na sociedade a través da implicación dos diferentes axentes sociais do noso municipio.

Buscan a implicación de toda a cidadanía nunha resposta colectiva de rexeitamento das violencias de xénero e mais dos asasinatos machistas para o que organizan a II Andaina Contra a Violencia de Xénero que será o domingo 24 ás 11 horas desde o paseo da Rega.

 

Etiquetas