Skip to main content
AMARIÑAXA

Falemos do pé diabético…

Por 21 Novembro, 2019Sin comentarios

Por Yaiza Puente

Este 14 de Novembro celébrase o Día Mundial da Diabetes, unha campaña que naceu coa idea de aumentar a concienciación desta enfermidade na poboación.  Trátase dunha enfermidade crónica que afecta aproximadamente ao 4% da poboación.

A Diabetes Mellitus é unha enfermidade na que se atopan aumentados os niveis de azucre en sangue. A hormona encargada de regular a glucemia en sangue é a insulina.  A Diabetes Mellitus ocorre cando o páncreas non é capaz de segregar a insulina ou ben o noso corpo crea unha resistencia a ela.

É unha enfermidade silente, que de inicio apenas da síntomas que afecten ao noso día a día. A medida que evoluciona a enfermidade aparecen danos crónicos. Uns deses danos é o pé diabético do que este mes imos a falar.

Entón… Qué relación ten a Diabetes Mellitus cos pés?

Unha das consecuencias de manter unha glucemia elevada ou descontrolada é a alteración no funcionamento do sistema vascular e do sistema nervioso periférico. A nivel podolóxico estamos falando dunha disminución do rego sanguíneo, aumento da sequedade e fraxilidade da pel, unha disminución da percepción de estímulos (como a dor, a temperatura, o tacto, a vibración…) e unha alteración na pisada.

Polo tanto, as persoas que sofren Diabetes Mellitus  considéranse pacientes con pé de risco, xa que son máis susceptibles de padecer lesións nos pés. Ao ter disminuída a sensibilidade teñen máis probabilidades de ter feridas nos pés. Se isto o xuntamos a unha disminución do rego sanguíneo, éstas féridas tardan moito máis en cicatrizar, chegando en moitos casos a non facelo nunca.

Cando isto ocorre estamos a falar do Pé Diabético.

O paciente diabético é maís susceptible á infección, xa que a maioría dos diabéticos de larga evolución poden estar inmunolóxicamente deprimidos. Por iso as lesións do pé diabético teñen altas posibilidades de infectarse. A isto debemos sumarlle a ausencia da dor, que fai que a ferida evolucione máis.

Aínda que a infección non seña a causa da aparición sí que inflúe na evolución, retrasando a curación.

O perigoso das úlceras de pé diabético de larga evolución, combinadas cunha infección difícil de controlar, é que poden desembocar nunha amputación.

Cómo podemos previr o pé diabético?

A clave está en levar un control correcto da Diabetes Mellitus. Se vostede sofre Diabetes Mellitus non ten porqué desarrollar estas lesións nos pés se sigue estos consellos: levar un bo control dos niveis de azucre en sangue. Se é fumador, ¡deixe de fumar! O tabaco disminue o fluxo sanguíneo ao pés. Debe revisar todos os días os pés co obxetivo de detectar de forma precoz lesións coma erosións, rasguños, ampollas…Se fora necesario podemos mirar a planta do pé cun espello. Lavar con auga templada e cun xabón neutro. Moi importante un bo secado, sobretodo entre as dedas. Aplicar crema hidratante todos os días nos pés, excepto entre as dedas xa que pode producir maceración. Usar calcetíns de fibras naturais coma o algodón ou a lá, sen costuras e que non apreten. Revisar a diario o interior do calzado. É importante que o calzado seña cómodo e sen costuras. Realizar revisións co teu podólogo, que te informará e te guiará no coidado dos teus pés.

Qué non debemos facer nunca se temos pés de risco?

Non debemos camiñar descalzos. Non se deben quentar os pés en fontes directas de calor coma bolsas de auga quente, calefactores… É preferible abrigar os pés cuns calcetíns ou patucos de lá ou algodón. Non use callicidas, pode provocar o inicio dunha úlcera. O coidado das uñas e da planta do pé debe quedar en mans do seu podólogo.

É determinante entender que sufrir Diabetes Mellitus non debe relacionarse con sufrir sempre ulceracións nos pés. O importante é concienciarse de que o pé dunha persona con Diabetes é unha parte moi sensible que debemos coidar. Se detecta unha ferida no seu pé non debe dudar en acudir ao seu podólogo, que o guiará sobre o tratamento e coidado dos seus pés.