Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAXoveZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Presentouse en Xove o libro-disco ‘Iacobus’

Por 21 Novembro, 2019Sin comentarios

Presentouse no Concello de Xove o libro-disco Iacobus no que participaron o alcalde Demetrio Salgueiro, a concelleira de cultura Dolores Meitín, Xan Carballal director da Orquestra Clásica de Xove e Xulia Nogueira directora da Escola Municipald de Música de Xove.

Estiveron acompañados por un nutrido grupo duns 40 alumnos e profestores do IES Illa de Sarón de Xove.

O disco-Libro foi patrocinado polo Concello e Xunta e tivo un orzamento de 11.228,80 euros.

Na realización do libro, que partiu dunha idea de Xulia Nogueira e Xan Carballal, participaron principalmente Xulia Nogueira nos textos,
Xan Carballal na música e arranxos, Xoan Guerreiro nas ilustracións, Xulia Nogueira e Eloi Caldeiro nas fotografías, e musicalmente tamén participaron alumnos e coros das Escolas de Música de Xove, Burela e Mondoñedo, así coma a Oraquestra Clásica de Xove.

O libro conta unha historia dun peregrino, que lóxicamente non imos desvelar aquí. No tocante ao disco, inclúe música orixinal a e arranxos de pezas medievais  cargo de Xan  Carballal, así como poesías de Xuia Nogueira.Sen dúbidas, un gran traballo que permite celebrar os 30 anos da creación da Escola Municipal de Música de Xove, tal como ercolle o alcalde Demetrio SAlgueiro na introducción do libro.

Rematada a presentación, o alcalde entregoulle a Xan Carballal, como recoñecemento dese importante Premio da Crítica que recentemente recibeu o músico, unha figura de Sargadelos que representa o Faro de Roncadoiro, un dos símbolos de Xove.