O Valadouro publica as actividades socioculturais para este ano

O Concello do Valadouro vén de publicar as actividades socioculturais que levarán a cabo neste ano.

No vindeiro mes de decembro iniciarase a oferta sociocultural, e que consiste en cursos de ximnasia, labores, ioga e manualidades e terán lugar en Ferreira e Cadramón.

As persoas interesadas en acudir a estas actividades, deberán cubrir a correspondente ficha de inscrición nas Oficinas Municipais, con anterioridade ó día 28 de novembro, en horario de 9 a 14 horas.

Etiquetas