Skip to main content
ActualidadeAlfozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Alfoz publica as convocatorias de axudas deportivas, educativas e culturais

Por 22 Novembro, 2019Sin comentarios

O Concello de Alfoz vén de publicar varias convocatorias para diferentes subvencións.

A primeira delas é para a promoción de actividades deportivas e están destinadas a entidades e asociacións sen animo de lucro, públicas ou privadas, que cumplan os requisitos establecidos nas bases e teñan como obxecto de desenvolvemento de actividades que persigan o fomento do deporte e vida saludable.

Tamén publican subvencións para a promoción de actividades educativas e formativas destinadas a centros públicos educativos de Alfoz, asociacións de pais e nais e asociacións municipais que teñan implicación no sector primario; que cumplan os requisitos establecidos nas bases e teñan como obxecto o desenvolvemento de proxectos, programas ou actividades que persigan un fin educativo pero tamén formativo.

Po outra banda, publicou a convocatoria para as subvencións para a promoción de actividades culturais que están destinadas as asociacións que figuren no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Alfoz, cumplan os requisitos establecidos nas bases e teñan como obxeto o desenvolvemento de actividades que persigan un fin cultural.

As bases e os formularios podense atopar na páxina web minicipal.