Caxoto Contacontos fará un espectáculo no Valadouro

O Concello do Valadouro prepara para o martes 26 ás 12.30 unha actividade de contacontos.

Esta, será no salón de actos da Casa da Cultura e leva por título Contos vellos novos finais.

Esta obra é un espectáculo de contos de A Trastenda dos contos. Nel Caxoto Contacontos aborda distintos contidos da igualdade de xénero dende os estereotipos presentes nos contos, a coeducación, a igualdade laboral, …

Unha hora de música en directo, cantigas colectivas e historias divertidas que nos farán ver que aínda que moito sexa o andado, o camiño aínda non chegou ó seu fin.

Etiquetas