Skip to main content

A Asociación Cultural A Pomba do Arco de Foz organiza para os días 26, 27 e 28 de novembro a V edición da Festa da Palabra, un recital poético.

Os actos celebraranse ás 20.30 horas na sala de exposicións do Cenima de Foz.

O recital comezará o martes 26 cun recital a cargo do escritores Eduardo Estevez.

O mércores 27 recitará os seus versos a poeta Estíbaliz Espinosa, unha das voces novas máis recoñecidas da poesía galega.

Os actos rematarán o xoves 28 co recital doutro dos autores consagrados como é Manuel Darriba.