Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Resurrection Fest pon á venda 3.000 abonos máis

Por 25 Novembro, 2019Sin comentarios

O Resurrection Fest emitiu un comunicado onde explica que se porán á venda 3.000 abonos máis para o festival o vindeiro 26 de novembro ás 11.00 horas, ao mesmo prezo que as últimas entradas que se puxeron á venda no seu momento a 155 euros + gastos abono de tres días, 165 euros máis gastos abono de cuatro días.

Estas entradas, segundo se fai eco a web de The Metal Circus, correspóndense cos tícekts de día, que finalmente quedarán en 500 dispoñibles. Deste xeito o festival premia a aqueles que pasaran toda a fin de semana en Viveiro e agradece a confianza do público que esgotou as entradas en poucas horas o mesmo día que se puxeron á venda. Ademais, tomarán medidas de cara a vindeiros anos para evitar que unha situación así se poda producir.

O festival tamén comunicou que o cartel vai completarse durante os próximos días. De momento, os cabezas de cartel confirmados son Judas Priest, Korn e System Of A Down, así como outras bandas como Jinjer, Meshuggah, Sepultura, Amenra ou Heaven Shall Burn.