A Pontenova prepárase en decembro o XII+I Festival As Minas

A Asociación Cultural das Minas xunto co Concello da Pontenova organizan para o 14 de decembro o XII+I Festival As Minas que contará con boa música e actividades.

A xronada festiva comezará ás 11 horas coa apertura e visita da mina Consuelo para espeleólogos federados, na que hai prazas limitadas.

Xa pola noite, haberá unha gran churrascada popular por tan só 15 euros e xa ás 23.30 horas dará comezo a actuación de Herdeiros da Crus, no que presentarán o seu novo album. Acto seguido será a actuación do DJ local.

A organización lembra que para todos aqueles que non asistan á churrascada popular a entrada terá un prezo de 5 euros con consumición incluída.

A Área de Mocidade da Deputación achega 7.500 euros para o Festival.

 

Etiquetas