Skip to main content
ActualidadeMondoñedoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Mondoñedo organiza as XIX Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía

Por 26 Novembro, 2019Sin comentarios

Este ano, dende o Concello de Mondoñedo, vaise celebrar a XIX edición das Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía que comezaron no ano 2001 e serán o 13, 14 e 15 de decembro.

Na presente edición continúase na liña habitual de divulgación científica seria e formativa, con conferencias e visitas guiadas.

O horario de actividades deste ano comezará o día 13 ás 19.30 coa recollida de documentación, e acto seguido será a inauguración coa conferencia San Cibrán de Las, la secuencia cultural de un gran castro de finales de la Edad del Hierro de Yolanda Álvarez González, arqueóloga de Terra Árqueos.

Xa o sábado 14 haberá unha visita guiada ás 10 horas ao Centro de Interpretación da Prehistoria de Vilar e farase unha ruta arqueolóxica polo Concello de Mondoñedo, para a cal os asistentes precisan dispor de vehículo.

Ás 18.00 horas haberá unha conferencia, Pequenos obxectos para grandes cambios: así era a vida na Galicia romana,por Ana María Suárez Piñeiro da Universidade de Santiago de Compostela.

O último día, haberá unha saída ás 8 da mañá dende o cruce de avenida Bos Aires con rúa da Fonte, máis tarde será a visita guiada ao parque arqueolóxico da cultura castrexa e a visita ao Centro de Interpretación e ao Castro de San Cibrán de Las en San Amaro, Punxín, Ourense.

Todas estas charlas celebraranse na Sala de conferencias do Centro Comarcal, na rúa Julia Pardo de Mondoñedo.

A matrícula nas mesmas é gratuíta e para apuntarse hai que contactar co Concello de Mondoñedo no teléfono 982 524 003 ou enviar os datos persoais por correo normal a praza do Concello, s/n. 27740 Mondoñedo ou fax 982 507 421. Tamén pode ser por internet enviando os datos a xornadas.arqueo@gmail.com. O prazo de matrícula finaliza o venres, día 13, ás 14.00 horas