Skip to main content
ActualidadeMondoñedoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Mondoñedo convoca un concurso de decoración de Nadal

Por 27 Novembro, 2019Sin comentarios

Con motivo da festividade do Nadal, o Concello de Mondoñedo, a través da Concellería de Cultura, organiza a terceira edición do Concurso de Decoración de Nadal en fachadas, balcóns, portais, baixantes de auga, xardíns, etc.

Está aberto ao todos os veciños con residencia no municipio de Mondoñedo, e ten como obxectivo incentivar  a decoración navideña nas vivendas e colaborar para difundir o ambiente navideño polas rúas, dando protagonismo aos cidadáns, promovendo a súa participación activa.

Haberá dúas modalidades, a individual para particulares de vivendas que adornen a súa fachada, balcóns, portal, baixantes de auga, etc. E amodalidade Ccolectiva para comunidades de veciños, barrios, rúas ou prazas que decoren árbores, fachadas, farois, parques, etc.

Para inscribirse poderán facelo na Oficina de Turismo de Mondoñedo ou a través do teléfono 982 507 177 e sempre antes do 23 de decembro

Haberá premios para os dous primeros clasificados da modalidade individual de 100 e 50 euros respectivamente. E para a colectiva será un único premio de 200 euros. Ademais, haberá un premio especial a mellor árbore de Nadal na zona rural de 50 euros.