Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Cifp porta da auga, de Ribadeo, acolleu un curso de pinturas naturais

Por 27 Novembro, 2019Sin comentarios

O Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Porta da Auga, de Ribadeo, acolleu un curso de pinturas naturais, no que participaron 25 persoas, a maioría traballadores do sector, pero tamén asistiron algúns formadores.

O xefe do Departamento de Edificación e Obra Civil no CIFP Porta da Auga, José Méndez de Andés, explica que esta acción formativa “foi impartida pola empresa Decologic, que ten a representación das pinturas ecolóxicas que máis se están comercializando a nivel nacional. É unha pintura que ningún dos seus compoñentes leva ningún disolvente nin nada que poida danar a saúde. Presentaron os lasures e materiais de tintes para madeira e tamén pinturas para as paredes que temos habitualmente nas vivendas que evitan as condensacións e para xente que ten problemas de saúde, como asma. Estas pinturas favorecen a estas persoas porque non teñen ningún tipo de material nocivo, a diferenza do resto de pinturas. Tamén comentaron que este tipo de pinturas non son tan caras como algunha xente pensa senón que os seus prezos están entre un 5 e un 10 por cento máis que as pinturas comerciais máis habituais”.

A actividade comezou cunha charla técnica sobre os produtos naturais Biofa, na que falaron do seu impacto na saúde e na natureza e presentaron dos distintos tipos de tratamentos e os seus acabados. E despois fixeron unha demostración da aplicación de distintos tipos de pinturas e de diferentes tratamentos en madeira.