Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAXoveZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Licitada a rehabilitación enerxética do Ceip Plurilingüe Pedro Caselles Rollán de Xove

Por 29 Novembro, 2019Sin comentarios

Licitouse a rehabilitación enerxética do Ceip Plurilingüe Pedro Caselles Rollán de Xove por un importe de 725.113,07 euros. 

Os traballos estarán centrados na mellora da eficiencia enerxética do centro. Para iso instalarase illamento exterior continuo tipo SATE de poliestireno expandido EPS, así como illamento de cuberta sobre forxado horizontal ou en falso teito con lá de roca. Ademais renovaranse as fiestras por unhas novas de carpintería de aluminio con rotura de ponte térmica e vidro dobre baixo emisivo, e colocaranse tamén novas persianas (coas súas caixas e mecanismos de accionamiento) por unhas novas de lamas de aluminio inxectadas con espuma de poliuretano para mellora do seu illamento térmico. Xunto coa instalación de luminarias de alta eficiencia enerxética, todas estas medidas combinadas supoñen un aforro enerxético anual do 22,52% en consumo de enerxía primaria e do 23,80 % en emisións de CO2.

Por outra banda, instalaranse falsos teitos rexistrables constituídos por paneis acústicos autoportantes de lá de roca. Tamén se acometerá a reparación e pintado dos paramentos interiores, así como diversos traballos de decoración e acabado e reparacións varias en cubertas e instalacións.

Segundo as previsións o proceso de licitación e adxudicación de obras estará rematado antes do vindeiro xuño de 2020. Os traballos teñen un prazo de execución de 2,5 meses.