A área de servizo da A-8 entre Abadín e Mondoñedo vaise inaugurar o mércores

A área de servizo da A-8, un proxecto de gasoliñeira e área de descanso no límite entre Mondoñedo e Abadín xa está preparada. Así, o mércores 4 ás 20.00 horas terá lugar a inauguración deste complexo.

O seu promotor, o empresario Carlos Folgueira, explicou que abrirán con todo xa a disposición dos usuarios. Deste xeito, ademais da gasoliñeira contarán cunha cafetería e punto de venda de produtos da zona e outros que son típicos tanto de Galicia en xeral como da Mariña.

Haberá a maiores un supermercado coa firma Claudio Exprés e os condutores contarán con servizos como lavado e aspiración dos vehículos, parques infantís, duchas, un parque canino e terrazas.

A apertura da área de servizo é importante debido a que é a única destas características entre o centro de Asturias e Baamonde.

Etiquetas