Skip to main content
ActualidadeLourenzáSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá prepara un roteiro para o día 8

Por 2 Decembro, 2019Sin comentarios

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá prepara para o 8 de decembro unha ruta de sendeirismo.

Devandita ruta leva por título O Forcón dos Ríos, polos Oscos, e terá saída ás 7.30 horas do Cantón de Vilanova.

Serán 13 quilómetros de dificultade media baixa, que rematarán nun xantar no restaurante Casa Pedro.

O roteiro ten un prezo de 25 euros para socios e 30 para os non socios, e é necesario anotarse para participar, ben sexa por teléfono nos 647 067 054, 619 828 784 ou no email terrasdelourenza@gmail.com.

Lembran que é necesario levar botas e bastóns.