Peque, Jenny Lores e Ana Romero defenderán a España en Burela

O gran envite entre a Selección Española de Fútbol Sala Feminino e Xapón do 11 de decembro en Burela terá brillo laranxa. As burelistas Peque, Jenny Lores e Ana Romero formarán parte da expedición da Vermella que se desprazará a Galicia; así deu a coñecer esta mañá a RFEF a convocatoria de Clàudia Pons.

As tres xogadoras do Pescados Rubén Burela FS gozarán da súa internacionalidade o mércores 11 ás 21.00 horas, arroupadas polo incondicional público da Mariña. Un día antes, o martes, disputarán o primeiro compromiso fronte ao combinado xaponés en Marín (A Raña).

As actuais campioas de Europa enfrontáronse á selección xaponesa en varias ocasións. A última vez que ambos os equipos se cruzaron na pista foi hai catro anos no Torneo Mundial de Guatemala. Aquel 25 de novembro de 2015, España conseguiu impoñerse ás asiáticas 5-2.
Todos os afeccionade@s poderán adquirir a súa entrada para o España-Xapón de Vista Alegre desde a próxima semana xa en venda anticipada.

Etiquetas