A Pontenova organiza unha charla sobre prevención e mellora da seguridade dos maiores

O Concello da Pontenova coa colaboración da Guardia Civil, organiza unha charla sobre prevención e mellora da seguridade dos nosos maiores.

Esta xornada será o 4 de decembro ás 17.00 horas no salón de actos da Casa da Cultura.

Falarase sobre os timos, hurtos e roubos máis comúns, o maltrato as persoas maiores, e aclararanse dúbidas que poidan surxir arredor deste tema.

Etiquetas