Comeza a venda anticipada para España-Xapón no Vista Algre de Burela

Vista Alegre xa comezou a conta atrás para o grande evento internacional do ano como escenario do enfrontamento entre a Selección Española de Fútbol Sala Feminino e Xapón, para o mércores 11 de decembro ás 21.00 horas. Desde mañá, martes, todas as persoas interesadas poderán adquirir a súa entrada na sede do Pescados Rubén Burela FS (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entreplanta, Burela).

A venda anticipada pecharase o día de partido ás 14.00 horas e a taquilla da Bomboneira abrirase ás 20.00 horas.

O horario de atención ao público é de luns a xoves de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas.

O prezo das entradas é de 2 euros para os nenos de 6 a 16 anos, de 5 para os adultos e de balde para os cativos menores de 5 anos.

Etiquetas