Skip to main content
A PontenovaActualidadeSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A Pontenova comeza o venres a súa Feira de Artesanía e Antigüidades

Por 4 Decembro, 2019Sin comentarios

A Pontenova xa se prepara para outras das súas citas máis destacadas que a convirte por un días na capital do sector, como é a Feira de Artesanía e Antiguidades, que se vai celebrar na ponte da Constitución, do 6 ao 8 de decembro. Será a décimo terceira edición.

Como vén sendo habitual cada ano, nunha gran carpa instalada na Praza dos Fornos, que contará con calefacción e cunha polbeira no exterior, instalaranse os anticuarios e ao lado, na casa da cultura, os artesáns. O horario da feira será de 11 a 14 horas e de 16 a 21.

Ademais, as demostracións do traballo en vivo de diversos oficios son en si mesmos un espectáculo. Os asistentes poderán ver como traballan os artesáns en obradoiros de zoqueiro, cestaría normal e a elaborada en mimbre, forxa do ferro, tear triangular, torno de madeira, coiro, pintura decorativa e tamén respecto das ecolámpadas de cabaza.

Por outra banda, A Pontenova organizará para os días 6, 7 e 8 de decembro a súa tradicional Xuntanza de Vespas, motos e coches clásicos.

Para participar na xuntanza haberá que facer previa inscrición de 15 euros por vehículo e será na praza dos Fornos a partir das 11 horas.

Haberá trofeos para os vehículos máis antigos, mellor conservados, máis lonxe e o máis veterán.