Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Hostaleiros e comerciantes de Ribadeo decoraron por quinto ano as árbores das rúas

Por 4 Decembro, 2019Sin comentarios

Un grupo de comerciantes e hostaleiros da avenida de Galicia en Ribadeo volveu decorar as árbores desta rúa ribadense coa chegada do Nadal. Este ano os adornos foron elaborados de novo pola Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña. Seguindo cunha tradición que xa puxeron en marcha en 2015, este grupo de empresarios decidía, coa autorización do Concello de Ribadeo, decorar unha vez máis as árbores da rúa con motivo das festas de Nadal.

Os usuarios da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña foron os encargados de elaborar e colocar os 300 adornos que xa se poden ver nas árbores desta céntrica rúa de Ribadeo.

A doazón recadada polos comercios e locais hostaleiros que colaboraron nesta acción entregarase á Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña, seguindo a norma de todos os anos.