Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Ribadeo rematou as obras realizadas no chan do local de Amigos da Gaita

Por 4 Decembro, 2019Sin comentarios

O Concello rematou as obras realizadas no chan do local de Amigos da Gaita, no pavillón polideportivo da rúa Alfredo Deaño.

O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, explicou que “as filtracións que padeceu ese edificio durante un tempo ocasionaron humidades e problemas no chan do local que a asociación Amigos da Gaita ten no primeiro andar. O que fixemos foi levantar ese chan e colocar nova tarima”. O custe desta actuación ascendeu a 3.000 euros.

Jorge Díaz supervisou os traballos realizados acompañado pola presidenta de Amigos da Gaita, Marta Saiz, e por outras representantes da asociación.

O edil ribadense lembrou que “xa en xaneiro do ano en curso acometéronse obras na cuberta do pavillón para solucionar as filtracións de auga que sufría o inmoble”.