Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Ampla participación na manifestación de Foz en defensa de Alcoa-San Cibrao

Por 5 Decembro, 2019Sin comentarios

Comerciantes e veciños de Foz concentráronse onte pola tarde na praza Conde Fontao para seguin reivndicando solucións ante a situación que está a atravesar Alcoa.

Comerciante de Foz aseguraron que unha parte da súa clientela ao igual que veciños da vila está relacionada coa alumieira xa que xera uns 2.000 postos de traballo, entre directos e indirectos. Así, os veciños e representante políticos uníronse en defensa do futuro de Alcoa-San Cibrao.

Reivindicaron medidas que garantan a continuidade dunha industria que é fundamental tanto para a comarca de A Mariña como para o conxunto da provincia, de cuxo PIB representa un 30%.

O comité de empresa segue a reivindicar unha reunión da mesa de seguimento de Alcoa, xa que as condicións fixadas polo Goberno central para a poxa de interrompibilidade fan que a situación da empresa pase da urxencia de medidas para garantir o seu futuro a unha situación de verdadeira emerxencia.

Para os populares, presentes na concentración ao igual que o resto de partidos polítos, “é inaudito o total desinterese que demostra o Goberno presidido polo socialista Pedro Sánchez con respecto a Alcoa-San Cibrao”.

Os políticos, sindicatos e veciños levan meses esixindo ao Goberno a aprobación do Estatuto do Consumidor electrointensivo.

O que piden é estabilizar en niveis asumibles o prezo da enerxía pero a situación aínda se volveu máis alarmante á vista das condicións fixadas polo Goberno para a poxa de interrompibilidade, que se efectuará entre os próximos días 16 e 20, na que non haberá bloques de 40MW, os máis importantes para a gran industria; terán que competir por 200 bloques de 5 MW.

O principal problema que afecta á factoría de Alcoa en San Cibrao é que non pode competir en igualdade de condicións que o resto da industria europea por mor dun prezo eléctrico excesivamente alto.