Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Viveiro recupera o mirador de Monte Faro e intégrao nos roteiros de sendeirismo

Por 5 Decembro, 2019Sin comentarios

O Concello de Viveiro recuperou o mirador de Monte Faro, ademais de integralo nos roteiros de sendeirismo polos que pasean veciños e turistas.

Cun investimento de máis de 38.000 euros, os traballos consistiron na instalación de novos bancos, novo alumeado, pavimento de area e varios paneis informativos. Ademáis, fíxose un recrecido dos muros do antigo faro ou garita para poñer en valor a estrutura, xa que era un elemento etnográfico utilizado para sinalar a costa.

“A activación turística da zona, cunhas vistas privilexiadas e conectada aos roteiros de sendeirimo, permítenos dar novos pasos no noso obxectivo de desestacionalizar a chegada de visitantes”, asegura a alcalde de Viveiro, María Loureiro.

Ademais, soterrouse o cableado e demoliuse a edificación que albergaba unha antena, que estaba en moi mal estado, unhas actuacións que serviron para ordear o espazo e aumentar a seguridade. A partida económica das obras procede dunhas liñas de axuda ordinarias da Axencia de Turismo de Galicia.

“É un lugar ideal para ver a ría de Viveiro e necesitaba unha reforma; coas obras e a nova sinalización, o mirador é un lugar que visitar e no que pasar un bo rato para desfrutar da paisaxe”, engade Loureiro.